Quen somos?

Somos un grupo de profesoras e un profesor do Ceip Ponte dos Brozos de Arteixo, participantes todos no Proxecto Ponte dos Brozos, e que constituimos un Grupo de Traballo para o estudio e experimentación das tabletas gráficas (neste caso iPads) creado ao abeiro da convocatoria do CFR de A Coruña
  • Montserrat Aguilar Amigo (montseaguilar@edu.xunta.es)
  • Mª Asunción Díaz Alvariño (asunalvarino@edu.xunta.es)
  • Mª Luz Iglesias Sánchez (maria.luziglesias@edu.xunta.es)
  • Aurora Jove Maceiras (ajove@edu.xunta.es)
  • Fernando Moreno González (fmoreno@edu.xunta.es)
  • Mª Eugenia Pérez López (geni@edu.xunta.es)
  • Luz María Pérez Vázquez (lupeva@edu.xunta.es) Coordinadora
  • Laura Rosato Carballido (rosato@edu.xunta.es)

Isabel Miguélez Pose Asesora CFR A Coruña

Que pretendemos?

Co grupo de traballo deste ano pretendemos investigar sobre as posibilidades de uso e implementación das Tabletas gráficas (iPads) co alumnado de 2 grupos do 1º nivel do 2º ciclo de Ed. Primaria.

Por que o 2º Ciclo?


No noso centro desde Ed. Infantil ata 4º de ed. primaria existen en todas as aulas o recuncho do ordenador dotado de, alomenos, 2 ordenadores de sobremesa. A partir de 3º de primaria esta tecnoloxía coexiste co uso de ordenadores portátiles para xa a partir de 5º de primaria utilizar só os ordenadores portátiles.
As dificultades que supón iniciar no uso dos ordenadores portátiles ao alumnado de tan curta idade, foi a razón principal que nos levou a propor iniciar este proxecto para investigar a utilidade das tabletas gráficas como transición dende o recuncho do ordenador ata o ordenador portátil.

Por que iPads?

e non outra tableta?. Fácil. Nestes momentos e a que presenta unhas condicións de estabilidade e usabilidade altas é esta.

Cantos?

Contamos para este proxecto con 25 iPads 2 postos a nosa disposición para esta investigación polo Proxecto Ponte dos Brozos. Disfrutamos tamén de 6 iPads 1 para o profesorado implicado.

Que é esta wiki?

Queremos que sexa unha recopilación de aplicacións existentes para o seu uso directo co noso alumnado. Tentaremos sinalar para que momentos e en que situacións son usadas.